Con motivo do I Trail Encontro Monte Pindo, e querendo incentivar á participación de persoas que non estén en contacto co mundo do trail running, nos propoñemos organizar unha xornada onde queremos dar a coñecer os puntos mais importantes que atinguen a esta fermosa actividade deportiva.

Para iso vos propoñemos que nos acompañedes o próximo domingo 31 de maio nunha xornada onde poderedes coñecer que é o trail running, material adecuado para a sua práctica, métodos de recuperación, consellos de nutrición, proba de zapatillas de trail, …

Como colofón a esta xornada faremos un pequeno adestramento polos recorridos de 6,5 kms (categorías xuvenil e parellas) ou de 14 kms (categorías senior e veteráns).

A inscripción a esta xornada é gratuita.

Para inscribiros só tedes que enviarnos un correo a apedramar@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, localidade de procedencia e talla de zapatillas deportivas.